Moito do que recomendo aquí é froito do traballo ou a ocorrencia dos amigos. Hoxe non, e ademais vou recomendar algo que vos é tan puro mainstream que está no El-pais-punto-com.

E ademais coincide en animar á xente cunha das compras que xa dixen onte que ando planeando!

Se non seguides o blogue espoiler, igual esta entrada pode facervos cambiar de idea:

Tutorial para ver series en alta definición.

Chuzame! chuzame -

Estes días, ademais de estar na casa ca familia e ver a televisión mais do habitual para min (eurocopa incluida) pouco mais fixen.

O mais salientabel, seguramente foi estar o venres coa familia pelacha e dorfun na presentación de que la ciencia te acompañe, atraidos pola persoalidade dun dos editores do libro, que ilusamente dixo que se algún dia os ten, os seus fillos non terán Playstation. Abofé que non. Quen quererá unha antigualla coma esa nuns anos? haberá cousas piores.

Por certo, coñecín á Pelacha e estiven falando moito rato con ela. É encantadora. E mándolle un bico a Leco para mañá, que xa sabe ela por que é.Esta é a pelacha debuxando con moito estilo :-)

pelacha.jpg

Alén diso o mais importante do que fixen leva aparellado gastar unha gran cantidade de cartos:

1.- mercar un coche.

Desta volta non contei os meus padecementos. Porque ó contrario que opaco eu odio andar buscando coche. Todo reduciuse a pasar uns meses convencendo á señora colombo de que o coche que lle conviña era o que a min me gustaba e ningún outro.

Puiden levala ó meu rego e mercamos un Honda Jazz. Que leva matriculado desde o venres e ainda non o collimos! :lol:

Somos mais raros que diola.

2.- estivemos vendo un mac mini. Probablemente merquemos un mac mini e unha pantalla de 40'' para o salón e un router para montar unha rede na casa co outro PC. Tamén é posibel que caia un disco externo de 1Tb, pero xa se verá.

O coche custou case 10 veces mais que o resto, pero dareille mais voltas á compra porque iso si que me gusta compralo :lol:

Xa vedes, paso o día repartido entre o meu papel de pai de familia e alienandome grazas ao consumismo.

Chuzame! chuzame -

Xa está. Non agardei sequera á chegada da Moruncha para que o Google Reader estivera fora de control. Pasei a semana vendo series baixadas (do ceo) e non lin coma tiña por costume.

E esta fin de semana adicandome a cousas mais importantes (e satisfactorias) non fixeron que me recuperara. Este é o estado da cuestión.

reader.jpg

Cando o que tiña que ler decote chega a 350 algo non está indo ben :P (Ó dos friends' shared items non lle fagades moito caso que non o teño nunca día, eses 526 non contan)

E por certo, onte vin o partido de futbol (igual que outros millóns de persoas), non quería que pasara coma cando o 12-1 a Malta que perdin os primeiros 9 ou 10 goles porque preferín xogar ao tente :lol:

Se gañaban, como foi o caso, alegraríame e se perderan escarallaríame deles, así que ver o partido era unha aposta segura. Non tan segura coma da última vez. Aquel slogan de A por ellos era moito mais propicio a fozar na ferida do que este de Podemos .

Parabéns aos fuboleiros todos, e tamén aos clientes de MediaMart.

Chuzame! chuzame -

Despois de catro semanas na casa dos abós de Ourense, hoxe á fin a Moruncha e a señora Colombo chegaron á casa.

Esta será a hora da verdade. Agora veremos se de verdade son un superpapá ou non :P

Neste intre marcho para cama, nun par de horas hai que darlle de comer e así cada tres ou catro horas sen parar.

A ledicia é intensa, o cansancio ainda pode medrar mais. E medrará, abofé  :lol:

Xa irei dando conta.

E por certo, hoxe dicíame berto que desfrutara do novo 'gadget' na casa. Se a nena é un gadget non sei que caste trae á súa vez tantos aparellos coma para encher unha casa enteira.

Chuzame! chuzame -

Hoxe lin 'Les petits ruisseaux' de Pascal Rabaté, Rio Abajo na tradución que editou Norma (19,5€).

Cheguei a este libro, coma tantos outros, guiado por Melo. Aconselloume que o levara para contrarrestar a tristeza que me puidera provocar Arrugas de Paco Roca [Astiberri (15€)]. Conclusión á que vexo que chegou tamén Álvaro Pons.

No seu día pouco contei de arrugas, só unha mención de paso no medio dunha chea de outros nomes. E a verdade é que merece deterse mais.

arrugas.jpg

Entre outras cousas, porque nas últimas dúas semanas pedíronme recomendacións para agasallar banda tres persoas distintas e sempre foi a miña primeira recomendación. É unha aposta sinxela, porque é unha obra moi boa.

É a historia de Emilio, un home retirado enfermo de Alzheimer ao que ingresan nunha residencia de anciáns e tamén da xente que atopa alí. Trata a vellez con agarimo pero deixa un pouso moi, moi triste ainda que sen facer melodrama.

E Rio Abajo é a cara oposta da vellez. Porque hoxe ser vello non é sempre sinónimo de ser eivado, e non hai mais que seguir a Quin polos telexornais para ver que os vellos seguen tendo vida social. O da súa vida sexual non sae nos telexornais e tampouco na ficción que chega ás noso alcance decote. Existe ou non? Hai vida alén da viuvez? Paga a pena vivir conforme desaparecen as nosas compañas?

rioabajo.jpg

Dúas interesantes reflexións que non sempre seguen o camiño que poderíamos prever. E que chaman a atención porque non é moi frecuente que se trate o tema da vellez na BD, por iso non é de estrañar que todo o mundo as relacione. Para todo ten que haber tempo tempo, para unha guerra civil Marvel, para un coello samurai e para estes anacos de realidade.

Se ides ler os dous aconséllovos que sigades a mesma orde ca min: primeiro arrugas por se escapa unha bágoa e despois rio abajo para sorrir docemente rematar con optimismo.

Chuzame! chuzame -
Poligono industrial Galicia-Suroeste, 11 de xuño de 2043
 

Querida filla,

Con 35 anos xa tes unha idade que te permitirá entender certas decisións.

Cando no ano 2012 a túa nai e mais eu decidimos voluntariamente ampliar o noso horario de traballo ás 65 horas semanais non foi porque preferíramos o amor dos nosos xefes ao teu. Tampouco porque no traballo fixera menos frio do que na casa, que daquela ainda podía encenderse a calefacción sen ter que roubar para pagar o gas. Daquela cometemos o erro de pensar que, se non traballabamos as 65 horas perdíamos o traballo. Agora, ós 70 anos, sabemos que traballando 65 horas semanais perdimos de estar contigo. Ainda que, afortunadamente, os domingos non tiñamos que traballar pola tarde así que sabes quen somos.

Non cometas o mesmo erro, filla, preocupate pola política e non deixes que os políticos profesionais decidan por ti sen dicir nada. Nós, no ano 2008 non dixemos nada cando aprobaron a xornada de 65 horas e ainda o estamos lamentando.

O ano que ven, na semana que nos botan o paro, se inauguran a tempo o AVE iremos visitarte ao Polígono industrial Galicia-Noroeste. (A ver se me prexubilan xa ós 75 e así teño mais tempo para verte sen ter que agardar ós 80.)

Bicos,

O teu pai. (o de verdad, non o robot que preparaba a comida e lía os contos á noite)

Chuzame! chuzame -